Fondos públicos

1. Sistemas de Xestión da Seguridade da Información, en base á norma UNE-ISO/IEC 27001, que permiten xestionar todos os riscos e ameazas que afecten ou poidan afectar aos distintos procesos de negocio da empresa, mellorando a competitividade da mesma.

Hoxe en día, o sector TIC é un sector en auxe que da servizo a todo tipo de sectores, no que cada vez é mais importante o manexo de información e datos, polo tanto, a garantía de que esa información non vai ser vulnerada por axentes internos ou externos á organización debe ser máxima. A implantación dun sistema de xestión destas características supón unha ferramenta moi efectiva para potenciar a integridade, dispoñibilidade e confidencialidade de todos os seus sistemas e reducir as súas vulnerabilidades.

Aínda que a norma UNE-ISO/IEC 27001 non é unha norma moi estendida, as 6 empresas que conforman este proxecto buscan ser un referente, caracterizándose por un bo funcionamento dos seus procesos e unha alta seguridade nas operacións que manexan, buscando solucións que garantan a súa permanencia ante posibles riscos e permítanlles avanzar con control.
Ademais, a adopción desta medida e a súa certificación permítelles as empresas ofrecer unha imaxe de confianza e confidencialidade ante os clientes que supón unha vantaxe comercial fronte a outros competidores.
A implantación desta metodoloxía de traballo mellorou a eficacia das organizacións na medida en que se sistematizan todas as operacións que realiza o persoal, axudando a definir pautas de actuación e a comunicar as medidas de seguridade aplicables en cada situación.

2. Sistemas integrados de Xestión Ambiental e de Calidade, en base á norma UNE-EN-ISO 14001 e UNE-EN-ISO 9001, que permiten xestionar os procesos da empresa orientados á satisfacción do cliente e respetando o medio ambiente.

Actualmente, dada a alta competencia que existe no ámbito empresarial, as empresas necesitan medidas que lles permitan diferenciarse dos seus competidores ante os clientes e dunha forma axeitada. A implantación deste tipo de sistemas de xestión supón unha garantía de confianza engadida sobre os produtos ou servizos que ofrece ao consumidor, xa que a súa certificación é un recoñecemento á calidade e o respecto ao medio ambiente.
Non obstante, ademais de supor unha mellora na súa imaxe, para as empresas permite unha mellor xestión dos recursos e unha redución de custes considerable.

 

 

Rúa Pilar Miró n 6 Santiago de Compostela

Jersey St , Manchester, Greater Manchester M4 6JG, GB

T. 609 538 171 - 634 59 34 43

info@teslatechnologies.com